Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CourelSon 26: Susan Santos

Agosto 5 @ 20:30 - 22:00
De balde

nota:

Este mércores, día 5, será un dos días grandes do noso CourelSon 26, coa única actuación en Galiza da “raíña do Blues/rock”Susan Santos. Unha oportunidade única para visitar o Courel e desfrutar da mellor música. Susan Santos conta 6 discos xa no mercado e é habitual dos circuitos de Blues europeo; especialmente recoñecida nunha das cunas do Blues moderno, Gran Bretaña.
Susan Santos en show acústico en Parada do Courel; mércores 5 de agosto, a partires das 20:30h. e con entrada de balde.
Pero, como sabedes, CourelSon non é só música, e antes do concerto presentaremos o libro “Galiza Natura”, coa presenza dos autores, Eva Piay e Marcos Reinoso. E, ademais, durante a actuación, teremos a oportunidade de desfrutar dun espectáculo de danza contemporánea da man de Eva Quiroga.
Continuando con estas actividades paralelas, o xoves 6, na sé da Fundación Uxío Novoneyra, na mesma aldea de Parada, a partires das 20:30h. estrearemos en exclusiva en Courel o premiado filme “360 curvas” e, un chisco antes, completando a xornadas, os alumnos/as do cole do Courel amosarán e presentarán “Palabra no Tempo”, xogos de mesa creados no cole para difundir a riqueza do Courel. Estas dúas actividades tamén serán de balde, ata completar aforo
Todo isto é posible grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, da AIE, Caixa Rural galega e a Fundación Nai Terra.

Detalles

Data:
Agosto 5
Hora:
20:30 - 22:00
Custe:
De balde

Recinto

Parada do Courel
Folgoso do Courel, + Google Map