Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Compostela Swing and Manouche Jam Session con Romain Vuillemin

Marzo 23, 2023 @ 21:00

6€

nota:

Para celebrar este primeiro ano da Compostela Swing & Manouche Jam Session na Casa das Crechas temos un convidado moi especial, directo desde París, exclusivamente para este concerto, ROMAIN VUILLEMIN:
Procedente do leste de Francia, inspirouse na escola alsaciana, puidendo formarse cos ciganos da súa rexión. Durante os 4 primeiros anos dedicouse principalmente a perfeccionar o seu acompañamento, o que o levou a ser o guitarrista rítmico de Stochelo Rosenberg e Angelo Debarre (entre moitos outros). En 2011, forma como solista o Romain Vuillemin Quartet , sendo programado no Festival Django de París (Samois sur Seine), 64º Festival Internacional de Música de Besançon, no Festival Internacional de Jazz de Montreal, Django In June (MA, EE. UU.), Gipsy Internacional de Hildesheim, no Festival de Jazz de Estocolmo, Festival Jazz in Marciac, etc.
.
Romain Vuillemin: voz e guitarra
Ismael Cabaleiro: violín
David Regueiro: guitarra
Juyma Estévez: contrabaixo
.
Entradas:
https://www.enterticket.es/…/compostela-swing-manouche…
.
Despois, coma sempre, jam session. Vide tocar, bailar, beber e desfrutar do Swingggggg!!! 🔥🔥🔥

Detalles

Data:
Marzo 23, 2023
Hora:
21:00
Custe:
6€

Recinto

Casa das Crechas
Vía Sacra, 3
Santiago de Compostela, Galiza
+ Google Map