Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ciclo Tándem: Chicharrón & Sara Zozaya

Outubro 4 @ 20:00 - 21:30
4€

http://www.teatrocolon.es/es/evento/ciclo-tandem-chicharron-sara-zozaya/

nota:

Da intensidade pop atlántica de Chicharrón ao pop ambient de Sara Zozaya, Euskadi e Galiza integran a saudade tempestuosa dos seus mundos nunha lingua propia na que ambas propostas suliñan o poder melódico de achegar nunha voz os poderes climáticos dun son que bebe tanto do pálpito cru como dun liricismo aerostático, de beleza contemporánea e atemporal, do que tamén bebe Temporal, novo LP dos galegos, que presentarán para a ocasión.

CHICHARRÓN
Que Chicharrón sexa posiblemente o grupo máis esencial do pop galego desta última década é grazas a LPs como Temporal (2026), o cal estrearán na súa actuación no ciclo Tándem.

Máis intensos que nunca, nesta ocasión a súa esencia post-punk convive co fragor atlántico da música con raíces, pero máis universal que nunca na súa proxeción con alma Joy Division dunha presenza de ánimas buscando a través dun latexo máis orgánico que nunca. As mesmas que foron equilibradas por unha fermosa integración de raíces e cables deseñados para perdurar na memoria colectiva dunha emoción allea a calquera tipo de códigos temporais e estilísticos.

SARA ZOZAYA
Cantante, compositora e multiinstrumentista Sara Zozaya, de San Sebastián, posúe unha curiosidade sen límites, capaz de chegar á alma da xente a través das súas creacións íntimas e nostálxicas. Esta artista mestura sons contemporáneos cos da tradición musical vasca, creando un universo único onde o pop e o folk conviven con elementos electrónicos e lo-fi, conectando dous mundos sonoros. Cunha produción meticulosa, as súas cancións son pura fantasía, demostrando que non cre en etiquetas e prefire dar renda solta á súa imaxinación para conmover a calquera que a escoite.

Detalles

  • Data: Outubro 4
  • Hora:
    20:00 - 21:30
  • Custo: 4€

Recinto