Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ciclo Pulso Jazz: Abe Rábade & Antía Muíño + Copos de Avena

Maio 8 @ 20:30 - 22:30
10€

nota:

aspontes.sacatuentrada.es/es/productos/descripcion/copos-de-avena

abono dúas xornadas por 16 €

COPOS DE AVENA

Dende a liberdade do jazz, a rica herdanza da música latinoamericana acada unha nova dimensión baixo a ollada de Copos de Avena. A proposta deste cuarteto resulta nun crisol de xéneros que atravesa diferentes épocas, desde os boleros clásicos ou a bossa nova, ata composicións de artistas contemporáneas como Silvia Pérez Cruz, Rita Payés, Natalia Lafourcade ou Jorge Drexler. Unha ponte entre tradición e vangarda, un lugar onde o repertorio máis clásico se renova dun xeito orgánico e vibrante.

Copos de Avena son Gloria Pavía (voz), Iago Marta (guitarra), Yudit Almeida (contrabaixo) e Héctor Agulla (batería).
ABE RÁBADE E ANTÍA MUÍÑO
Antía Muíño e Abe Rábade propoñen un encontro no que a canción, o jazz e a música tradicional galega conflúen con naturalidade e sen prexuízos. Dúas traxectorias con identidade propia e unha colaboración recente que, tras varios concertos compartidos e a publicación dun EP de dobre cara —Vente vindo e Eu en ti—, consolida un espazo sonoro único, cheo de sensibilidade, intimismo e raíz.
Abe Rábade, unha das figuras máis destacadas do panorama jazzístico estatal, e Antía Muíño, unha das compositoras e vocalistas máis recoñecidas da súa xeración, exploran un repertorio que transita do cancionismo máis íntimo á forza expresiva da música de raíz galega. Neste diálogo, o piano de Rábade entrelázase coa voz, a guitarra e a pandeireta de Muíño, dando lugar a unha proposta artística rica en matices, emoción e identidade.

Detalles

Data:
Maio 8
Hora:
20:30 - 22:30
Custe:
10€

Recinto

Auditorio Cine Alovi
As Pontes, + Google Map