euro-trash girl “kiss away the rain”

Marzo 27, 2006

Estupendo segundo álbum desta xove banda valenciá que fai pop con clara influencia estadounidense (nomes coma Cracker, Lemonheads, Tanya Donnelly…). Media hora de boas melodías e guitarras contundentes que se escoita con moito agrado se te deixas levar e non agardas sorpresas. As leccións de estilo están ben aprendidas nestas 10 efectivas composicións, coidadas á vez que directas, elegantes e frescas, agradables de escoitar e máis coa voz de Judit Casado á fronte. Temas coma “Radar Love”, “Long Winter To Come”, “No Time To Stall” ou o encantador medio tiempo “Stay Overnight” invitan voltar pinchar o álbum. Edita Zebra Records.
PEPE CUNHA 27/03/06

Facebook