euro-trash girl “afterhours”

Novembro 25, 2011

Máis de cinco anos pasaron xa desde aquel segundo álbum (“Kiss Away The Rain”) que con agrado comentaramos nesta web. Sabiamos que a banda valenciana seguía en activo porque participaron no recompilatorio “Cinnamon Girl Women Artist Cover Neil Young For Charity” (American Laundromat Records http://www.alr-music.com/Alt-Records) e porque abriron para os seus admirados Cracker nos concertos españois, entre eles o que os trouxo á Sala Capitol. Alí soubemos que non tiñan compañía coa que editar pero que seguían compoñendo. Seica a comezos de 2012 editarán o álbum “Floating Down Memory Lane”, do que temos aquí como adianto un vinilo azul de 10 polgadas que presenta a peza “Afterhours”, na que seguen apostando por reflectir esas leccións de rock americano ben aprendidas, cun corpo de guitarras ao que se engaden o hammmond e piano de Mónica Merino e a cálidez na voz de Judit Casado. Coma agasallo especial, dúas versións levadas ao seu terreo con solvencia: “Stop Your Sobbing” (The Kinks e tamén popularizada polos primeiros Pretenders) e “When Tomorrow Comes” dos Eurythmics. O traballo artístico desta edición está asinado por Mireia Pérez.
Pepe Cunha, 25-nov-2011

AXENDA

Facebook

58 minutes ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook