Estrea Estilo!completa o seu programa de actividades gratuitas para este domingo: Caxade e When Nalda become punk actuarán no Pazo de San Lourenzo

Maio 08, 2014

nota:
Estrea Estilo!completa o seu programa de actividades gratuitas para este domingo

Caxade e When Nalda become punk actuarán no Pazo de San Lourenzo dentro da iniciativa de dinamización comercial que organiza o Concello de Santiago de Compostela para presentar as novas coleccións dos comercios da cidade.

Caxade e a súa banda darán un concerto nos xardíns do Pazo ás 13h.

A Concellaría de Comercio de Santiago de Compostela está a programar un amplo abano de actividades complementarias para a xornada de dinamización comercial do vindeiro domingo 11 de maio. Durante a acción presentaranse as coleccións primavera-verán dos comercios participantes en Estrea Estilo! no salóns, claustro, e xardíns do Pazo de San Lourenzo, que por un día abrirá gratuitamente as súas portas para que os visitantes poidan coñecer, probar e comprar as novidades de tempada.

A actividade desenvolverase en horario de 11h a 21h e a ela concurrirán trinta e oito comercios pertencentes a diferentes barrios de Santiago: A Balea Violeta, A Reixa Tenda, A tetería de Rose Bakery, Allegra, Améndoa, Celme, Como pez en el agua, Core Surfing, Dándara, El taller de Fer, El Vestidor de Alicia, Equisol, Fillos da Malte, Floristería Embora, Freesite, Kiedis, La Reina de Saba, LIOLIO, Locapormí, Lunares en Mayo, Maná Malú, Mokasu, Mundaka World, Na Lúa, Núa Moda, Óptica M&S, Óptica Pontecastro, Óptica Tábora, Patucos&Co, Pecados de Compostela, Queroté, Severino, Simplemente Luna, The Perfect Shoe, Trigonella ,VIDE-VIDE! e Zapatos MICMIC.

Durante a xornada Estrea Estilo!, ideada como unha gran festa do comercio compostelán, actuará a banda de folk, indie-pop Caxade ás 13h, o grupo de indie-pop When Nalda become punk ás 17:30, e a formación de synthpop Belöp ás 20h.

O novo proxecto musical de Alonso Caxade, dun sutil surrealismo posmodernista resultou gañador do Premio Música Xove “12, nominado nos Mestre Mateo e nos Premios Opinión, e finalista dos Premios Galegos da Música en 2013, mentres que o último vídeo da banda de influencias britpop When Nalda become punk ven de ser anunciado finalista no Festival de Cans coa súa peza audiovisual para o tema “Song for Carrie Mathison” en homenaxe á antiheroína televisiva da serie Homeland.

Belöp pola súa banda resultou gañadora de premios como o Maketón Estrella Galicia 2009, o Queixo Maquetón 2010, o Musicaxove 2010, o Millarock 2010, Barakaldo Pop-Rock 2010, vencedora do concurso Red Bull Indomesticables e creadora do tema que protagonizou o anuncio da marca Mango para o lanzamento da nova fragancia Rock Deluxe.

Ademais destes concertos en directo, unha DJ amenizará musicalmente a actividade nos xardíns do Pazo, nos que se realizarán degustacións gastronómicas e sorteos de agasallos patrocinados polos comercios participantes ademais dun obradoiro de coroas florais. Os máis cativos poderán gozar dun inchable, así como do servizo de gardería-ludoteca no exterior do edificio, e os visitantes que efectúen compras durante o día terán acceso a unha sesión de beleza exprés de balde na mesma localización.

O paseo ata o Pazo, situado a dez minutos a pé da Praza Roxa e da Praza do Obradoiro, poderá realizarse tamén no “tren lanzadeira” gratuito de Estrea Estilo!, que sairá ás horas en punto dende a Praza do Obradoiro (ás 12, 13 e 14, 17, 18, 19 e 20 ) con paradas ás e cuarto e ás menos cuarto na Praza de Galicia (12.15, 12.45, 13.15, 13.45, 14:15, 14:45, 17.15, 17.45, 18.15, 18.45, 19.15, 19.45, 20.15). O regreso dende o Pazo terá lugar a cada hora con saídas ás e media (12.30, 13.30 e 14:30, 17.30, 18.30, 19.30 e 20.30) con parada na Praza de Galicia e finalizando cada traxecto na Praza do Obradoiro.

AXENDA

Facebook

17 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook