EstouLá: Joao Afonso + Enéida Marta + Najla Shami + Couple Coffee + Xoán Curiel

Outubro 06, 2012

músicas da lusofonía

O Auditorio Municipal de Ourense acolle o sábado, día 6 de outubro, o festival de músicas da lusofonía Estou Lá. O encontro está previsto para as 23.00 horas e contará coa participación dos seguintes artistas: Eneida Marta (Guinea Bissau), Najla Shami (Galicia-Palestina), Couple Coffe (Brasil), Xoán Curiel (Galicia), Joao Afonso (Portugal). Actuará tamén no festival A Banda, cos músicos Serginho Sales (teclado), Paulo Silva (Percusión) e Pablo Vidal (baixo).

O festival forma parte da programación dos XVIII Coloquios da Lusofonía, que se van celebrar durante os días 5, 6 e 7 de outubro no Auditorio de Ourense organizados pola AILC (Associação Internacional dos Colóquios da Lusofonia) a AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa), a Pró- AGLP e o FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense).

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
Por fin pasamos pola Guion clube clube de Pontedeume e está orelluda. Xa lles gustaría a moitas salas contar con esa disposición e espazo! E non podía haber mellor banda para vivir outro concerto intenso e nas distancias curtas que MOURA, das propostas máis interesantes do país nos últimos anos co seu rock progresivo-psicodélico enchoupado de ritmos e versos tradicionais.Spinda Records Spinda Records Luneda Producións Luneda Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Auditorio Municipal, Ourense.
12 €