Este venres 19 comeza unha nova edición de Sinsal Primavera 2023

Maio 18, 2023

nota:

Este venres 19, ás 20:30 horas, comeza unha nova edición de Sinsal Primavera 2023, evento cultural impulsado pola promotora viguesa Sinsalaudio coa intención de visualizar propostas musicais singulares vinculadas á experimentación e á creación contemporánea.

O evento, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, e co apoio do MARCO, do Instituto Camões e da Sala Radar, ofrecerá esta fin de semana unha programación conformada por cinco proxectos de vangarda liderados por seis bandas ou solistas chegadas de distintos puntos de España, Portugal, Suíza e Turquía.

PROGRAMACIÓN SINSAL PRIMAVERA 2023

Venres 19 | MARCO de Vigo *
20:30 horas – Angélica Salvi
21:30 horas – Ece Canli

* As entradas para as sesións no MARCO darán acceso, de balde, aos directos da Sala Radar do venres 19 (SIPHO., 22:45h) e sábado 20 (Ana Lua Caiano, 23:00h).

ARTISTAS VENRES 19

ANGÉLICA SALVI (España) | MARCO. Venres 19, 20:30 horas
https://angelicasalvi.bandcamp.com/music

Angélica Salvi, arpista española afincada en Porto desde o 2011, dedícase á improvisación dentro da música contemporánea e a electroacústica, explorando varias técnicas de preparación e amplificación do instrumento en busca de novos timbres e sonoridades. A arpista convida o público a mergullarse nas súas vivencias emocionais e espirituais, servíndose delas para escribir o guión dun soño. Partindo da acrobacia do exercicio respiratorio (inhalar, exhalar) e Da dinámica das mareas, Salvi explora o universo da repetición nunha invocación cósmica e estruturada do transo, facendo deste un movemento magnético e sincopado. Nesta viaxe interior, onírica e intimista, o público é guiado por camiños ondulantes, nunha experiencia potencialmente espiritual, a través de sons ambiguos e multifacéticos: desde Papei Nziengui ata Alice Coltrane.

ECE CANLI (Turquía) | MARCO. Venres 19, 21:30 horas
https://www.youtube.com/watch?v=CFJ1b4lfIXg

Ece Canlı é unha artista multidisciplinar, música e investigadora nada en Turquía e afincada en Porto. Na súa práctica artística e vocal explora os estados liminales dos corpos agonizantes e demonizados, a desvinculación corporal e mental e as expresións extralingüísticas a través de técnicas vocais estendidas. Colaborou con varios artistas, músicos e coreógrafos a nivel internacional e creou pezas sonoras para actuacións, exposicións e vídeocreaciones. Actualmente compón e actúa en Cobra’Coral (trío vocal con Catarina Miranda e Cléila Colonna) e no Sinsal Primavera presentará o seu debut en solitario: Vox flora, vox fauna.
na foto, Ece Canli

AXENDA