FESTIVAL REPERKUSIÓN 2013
10, 11, 12 de maio
Bemposta – Ourense
Venres 10
FERMIN MUGURUZA
SHAZALAKAZOO – ARTISTAS DEL GREMIO – SKARALLAOS – SUPERTUMBADUO
Programación de día (gratuíta)
PADRE MERINO – CAIR CIRCO – CHARANGA TAQUIKARDIA
Sábado 11
MANU CHAO LA VENTURA
HAYDAMAKY – BANDA FURA FURA – HADRI HACHE
Programación de día (gratuíta)
LA TARRANCHA – LA SONAJERA RAVALERA – RIMBARÁN – GUEZOS – QUEQUÉ – PETER PUNK
Taller de malabares – Ioga da risa
Domingo 12 (gratuíto)
CHIMANGO – THE SKARNIVALS – MÉNAGE À TROIS – XEROCK
Olimpíada de malabares – Taller de malabares – Ioga da risa
BONO 3 DÍAS: Anticipada 30 €* / Taquilla 35 €
BONO 3 DÍAS + CÁMPING: Anticipada 35 €* / Taquilla 40 €
ENTRADA 1 DÍA: Anticipada 20 €* / Taquilla 25 €
*+ gastos de distribución
Entradas e bonos á venda
As entradas e os bonos para o Reperkusión están á venda a través da web www.reperkusion.com
e en puntos de venta en toda Galicia. Os bonos para todo o festival custan 30 € en venda anticipada e coutarán 35 € en taquilla. No caso dos bonos que inclúen cámping, custan 35 € en venda anticipada e 40 € en taquilla. As entradas para venres ou para o sábado custan 20 € en anticipada e 25 € en taquilla. En venda anticipada hai que engadir ao prezo os gastos de xestión.
Estes son os puntos de venda:
www.codetickets.com / www.ticketmaster.es
Ourense: Centro Comercial La Región Paseo, Café
Auriense, Saborido Charcutería, Faíscas
Allariz: Fandiño Tapas
Xinzo de Limia: Feito Praza
Venres con Fermin…
O cabeza de cartel do venres 10 de maio será Fermin Muguruza, que volve aos escenarios despois de seis anos, conmemorando os 30 anos de carreira musical do excompoñente de Kortatu e Negu Gorriak. Ese día tamén actuan no escenario principal Shazalakazoo, dúo serbio de folk-step, música balcánica, urbana e bastarda; os aragoneses Artistas del Gremio e os galegos Skarallaos, elixidos por votación popular. A noite terminará coa sesión dj con percusión dos vascos Supertumbaduo.
Antes, encargaranse de caldear o ambiente cos seus pasacalles a charanga Fanfarria Taquikardia, formada por compoñentes dalgúns dos grupos galegos máis destacados; a compañía Cair Circo, especialistas en transformar o absurdo en diversión; e o Pai Merino e o seu espectáculo “A.M.E.N.” (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas).
…Sábado con Manu
O prato forte do sábado é a volta ao Reperkusión de Manu Chao. O artista franco-galego estará de novo acompañado por La Ventura, para ofrecer un dos seus espectaculares shows de máis de dúas horas de enerxía nos que interpreta himnos coñecidos por todos. O sábado tamén actúan no escenario principal a Banda Fura Fura, que xunta a algúns dos músicos e cantantes máis recoñecidos da escena rock galega para reinterpretar temas do Zeca Afonso; e Haydamaky, estrelas da escena alternativa de Ucraína coa súa fusión de rock, ska e punk mesturados cos sons tradicionais do seu país. Hadri Hache encargarase da sesión dj neste escenario.
Antes, ao longo da tarde e até xa entrada a noite actuarán no escenario de día, de acceso gratuíto, outro catro grupos: os galegos Guezos, os asturianos La Tarrancha e os cataláns Rimbarán, elixidos o público a través de Facebook, e La Sonajera Ravalera, proxecto esporádico que une no escenario a El Rumbao (Galicia-Colombia), Chamito (Venezuela) e Daniel Lança (Portugal). Tamén haberá humor e circo, co monologuista Quequé, famoso polas súas aparicións en televisión e o clown Peter Punk.
O domingo, fin de festa
O festival termina o domingo 12 de maio cun fin de festa de acceso gratuíto. Ao longo da tarde actuarán Chimango, arxentino que expresa como ninguén a enerxía urxente da rumba barcelonesa; a banda ska-punk-folk galega The Skarnivals; os ourensáns Ménage à Trois e a súa fusión de ritmos bailables; e XeRock, grupo de rock formado por usuarios e traballadores do Centro de atención a discapacitados intelectuais San Xerome da Guarda (Pontevedra). Tamén se celebrará a xa clásica Olimpíada de Malabares.
Ademais, as mañás do sábado e o domingo están reservadas aos talleres de malabares e as sesións de ioga da risa. A isto únese o mercadiño de artesanía que estará aberto no festival ao longo de todo o fin de semana.