Espiño + Tomás Porteiro

Decembro 20, 2019

nota:

Estamos super contentos de dar visibilidade a estes dous proxectos de Compostela cheos de talento e de honestidade compoñendo para comunicarse co mundo desde as entrañas!
Vide apoialos!
O sitio é a sala de concertos do Centro Xove, aínda non moi coñecido pero con moito futuro na escena compostelá. Está na Almáciga, detrás do Colexio Santiago Apóstolo e ao carón do Parque da Almáciga.

PROGRAMA
19:30h apertura de portas
20:00h Tomás Porteiro
21:00h Espiño

ESPIÑO

Espiño é o proxecto musical en solitario de Alfonso Espiño (Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales), compostelán de 1976 ligado ó mundo da música dende hai máis de vintecinco anos. Alfonso afronta esta nova etapa abondando no eido do pop de corte psiquedélico, aderezado con certas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock. O músico santiagués amosará a súa faceta máis imaxinativa, apostando pola produción propia e o idioma galego.
A súa banda, creada en outubro de 2016, está formada actualmente por Alfonso Espiño ó baixo e voz principal, Brais Sánchez ás guitarras e coros, Alexandro González ós teclados e coros e LAR Legido á batería. A pesares do pouco tempo transcorrido dende o inicio do grupo, Espiño alzouse co primeiro premio do II Certame Galicia Creativa, convocado pola Fundación Autor a finais de 2016, na categoría pop/rock. Dito premio permitiu á formación gravar un primeiro disco, I, que se presentou en rolda de prensa o 1 de xuño de 2017.
LIGAZÓNS DE INTERESE
Bandcamp de Espiño https://espinho.bandcamp.com/
Canle de YouTube de Espiño: https://www.youtube.com/channel/UC2yQvpxAHRxo-GRIPh45xrQ?view_as=subscriber

TOMÁS PORTEIRO

Tras anos desenvolvendo a súa faceta como compositor no grupo Sinestesia, Tomás Porteiro decide comenzar unha nova andaina, esta vez en solitario, defendo a súas cancións en formatos máis acústicos e reducidos. Para esta aventura contará coa axuda dalgúns músicos. Un de eles é Jose Zas, que co seu clarinete coloreará as novas composicións deste proxecto con sonoridades jazzísticas sen renunciar a sinxeleza e inmediatez do pop, ou folk-rock, con especial coidado do texto como xa viña sendo habitual en Sinestesia.
Nos tempos da superproducción e do autotune, esta proposta aposta pola comunicación da canción na súa esencia, sen artificios, case podríamos decir que esquelética, raquítica, recén chegada.

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
O SONORO MAXÍN, banda referente da Galicia tropical con mensaxe, volve cun EP titulado como a canción que o abre e desde xa un dos versos dos ano: “A primavera ten que ser nosa”. Culturactiva S. Coop. Galegaabretedeorellas.com/o-sonoro-maxin-a-primavera-ten-que-ser-nosa/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Centro Xove da Almáciga, Santiago de Compostela.
De balde.