nota:
O músico compostelán representa a Galicia esta fin de semana no festival que visibiliza as linguas minorizadas de Europa.
Alfonso Espiño e a súa banda representarán a Galicia no festival SUNS Europe que comeza mañá xoves 29 na rexión italiana de Udine. O evento trata de visibilizar as linguas minorizadas europeas e conta coa participación de artistas de nove países. Unha das actividades principais para Espiño será a actuación da súa banda no TeatrOrsaria de Orsaria o venres 30 de novembro, antes da gala final colectiva que terá lugar o sábado 1 de decembro. A banda de Espiño estará formada nesta ocasión polo propio Alfonso Espiño (baixo e voz), Brais Sánchez (guitarra e voz), Fran Facal (batería) e o italiano Flavio Passon (teclados).