Espectáculo musical familiar: “Maria Fumaça…cantar e bailar para ser máis feliz”

Decembro 22, 2012

A partir do libro disco “María Fumaça…cantar e bailar para ser máis feliz” editado por Galaxia créase este espectáculo musical familiar que naceu coma un agasallo para Ruí: un neno moi especial cunha discapacidade. Nel interveñen artistas galegos da música e o teatro como Uxía Senlle, Magín Blanco, Sergio Tannus, Serginho Sales, Carlos Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina Teatro, e moitos outros. Videoclips, algúns deles con pictogramas para os nenos con discapacidades, cancións coma “Xa son maior” de Magín Blanco, “O riso de Rui” de Carlos Blanco, o éxito da formiguiña “Fun ao mercado” e moitas máis postas en escena a través do fío condutor da Bruxa Maruxa (Uxía). Un canto a alegría e á vida.

Entradas á venda dende dúas horas antes do espectáculo na billeteira do Teatro, a un prezo único de 5 euros.

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
💥💥💥 NOVA CANCIÓN 💥💥💥🎶 ARROLO> dispoñible en todas as plataformasUn arrolo tradicional, recollido e adaptado por Moncho Díaz, con arranxos musicais de Xoán Fuertes.Nesta ocasión contamos coa colaboración do marabilloso músico @abrahamcupeiro quen consegue evocar de maneira admirable sons que nos levan ao pasado.Deseño da capa: @yasdeluaces. . . . . . . . . . . . . . .Este tema forma parta dunha serie de cancións que o grupo saca á luz en conmemoración do seu 50 aniversario e que acompañan á exposición “Fuxan os Ventos. 50 anos de historia” que, na súa itinerancia polo país, pódese gozar na Coruña ata o 2 de xuño, na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga.@coruna_gal@cultura.coruna.... .#fuxanosventos #arrolo #abrahamcupeiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
18:00 h.
Auditorio do Teatro Principal de Pontevedra.
5 €