Escuchando Elefantes

Maio 15, 2015

Venres 15… Escuchando Elefantes | Folk/rock

Silvia Rábade: voz; Carlos Tajes: guitarra, coros.

Son dúas voces que chegaron a soar como unha. A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. Percorreron Europa compartindo experiencias con artistas como os gañadores de Oscars Glen Hansard , Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan e Sinéad O’Connor entre outros. No 2012 publican o seu primeiro álbum de estudio, editado de forma totalmente independente pero con ampla repercusión nos medios, que recibiu, ademais, unha xenerosa acollida por parte do público. Durante este primeiro ano, Show & Tell soou nun gran número de cidades de Europa e en festivais como o BBK Live e o Noroeste Pop Rock.

AXENDA

23:30 h.
Club Clavicembalo, Lugo.