nota:
ESCUCHANDO ELEFANTES
PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO ‘HAYPPY LONELY PEOPLE’
PREZO. 12 € 10 € (ANTICIPADA) / 15 € / 13 € (DÍA DO CONCERTO)
XÉNERO. Música
DURACIÓN. 90 minutos
Escuchando Elefantes son Carlos Tajes e Silvia Rábade, dúas voces que chegaron a soar como unha. A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. En dous anos de intenso percorrido musical por Europa compartiron experiencias con músicos como Damien Rice, Bono (U2) ou Sinéad O’Connor. En 2014 lanzan o seu segundo álbum de estudio cun son máis traballado e maduro, pero sen esquecer os seus principios básicos: unhas voces que irradian forza e naturalidade.