Ensemble OV430 con Anna Fedorova e Cristina Goicea

Xuño 15, 2018

nota:

Anna Fedorova e Cristina Goicea, convidadas de luxo para interpretar a Brahms xunto a OV430

A OV430 aborda o seu programa número 9 desta tempada achegándose ao repertorio do compositor alemán Johannes Brahms, o máis clásico dos compositores románticos, e un dos máis grandes da historia da música clásica, xunto con Beethoven e Bach, cos que forma o grupo coñecido como ‘Os tres B’ ou ‘A santísima Trinidade’.

E para interpretar as obras dun grande, a OV430 bota man de dúas das músicas máis talentosas do panorama actual, Anna Fedorova, pianista ucraniana moi precoz, procendente dunha familia de músicos, gañadora de 15 competicións internacionais de piano; e a violinista de Bucarest, Ioana Cristina Goicea, unha das máis destacadas neste momento, alabada pola prensa polas súas actuacións apaixoadas, gañadora do premio Michael Hill e do Concurso Internacional de Violín Johannes Brahms, a quen se lle dedica integramente o programa deste concerto.

PROGRAMA

PARTE 1ª
6 Klavierstücke op. 118
Estas seis pezas para piano foron compostas por Brahms en 1893 e dedicadas a Clara Schuman. É unha das últimas coleccións de pezas para este instrumento que escribiu e tamén unha das súas últimas obras.

PARTE 2ª
Sonata Nº3 en re menor op. 108 para violín e piano.
Dedicada ao seu amigo Hans von Bülow foi escrita na súa etapa de madurez, menos tormentosa pero dun lirismo sen trabas, cun adagio emocionante nunha obra caprichosa e brillan te que resulta das máis signiticativas do gran estilo ‘brahmsiano’ e de toda a música de cámara do compositor.

Quinteto para piano e corda en fa menor, op.34
Unha auténtica obra mestra que, mirada retrospectivamente, desvela a definitiva personalidade de Brahms. O romanticismo da súa xuventude está agora apuntalado por inclinacións clásicas dun lado, e tamén polo seu afortunado espíritu de experimentación no ámbito de cada un dos elementos musicais

Intérpretes
Anna Fedorova: piano
Ioana Cristina Goicea: violín
Mario Peris: violin II
Javier Escobar: viola
Isabel Figueroa: violoncello

A orquestra ofrecerá este concerto o 15 de xuño ás 20:30 no Auditorio Municipal de Vigo. Entradas á venta en Ticketea

AXENDA