En clave de fado

Outubro 09, 2014

nota:

É un grupo independente que nace en Galicia para ofrecer un son diferente da música en galego e portugués, fundamentalmente. Clave de fado logra unha sonoridade única e diferente ofrecendo diferentes estilos musicais partindo do fado. Como resultando, obteñen unha fusión interesante e rica, ofrecendo así un estilo propio e novidoso.

A alma de Clave de fado é a virtuosa voz de Iria Estévez, que atreve con bossa-nova, fado, cantiga galega, etc. Unha voz doce, con carácter e personalidade, que sen dúbida namora os que a escoitan.
Paco Dicenta ao contrabaixo, Un músico completo que conta con máis de 20 anos de experiencia sobre os escenarios (baixista, contrabaixista e percusionista, traballando con bandas e artistas como Lara Bello, Abe Rábade, Paulo Silva, Berrogüetto, The Crass, Last Minute Experience, Black Night, Gospel Choir, Gnomon, Mercedes Peón, X.M. Budiño, The Barlanders, Two In The Mirror, Mónica de Nut Trio, Alamanouche, Miñor Swing, etc. Compositor de bandas sonoras para curtos e documentais, e produtor dous discos de Zé Amil e Samuel Levi e o primeiro de Monica de Nut Trio.) que achega á nosa formación a sabedoría, ou gusto exquisito e a sonoridade perfecta para conseguir un resultado sorprendente e emocionante.

Isaac Garabatos, coa viola caipira. Con formación en “Ateneo Jazz” (Madrid), onde se diplomou en harmonía contemporánea e música moderna, o “G.I. London” (Londres) e L’Aula (Barcelona).
É un dos músicos e compositores máis versátiles do panorama musical galego. Realizou traballos de composición para diferentes obras de danza contemporánea, teatro, curtametraxes e grupos de Jazz,Fusion, Latin-Jazz, Funk, Folk, Pop, Rock e dance..
Gonzo Piña á guitarra española (músico versátil membro de varios grupos en Galicia ou Barcelona como D’club, e compositor para varias obras teatrais para a compañía de SR. Montañés).

Clave de fado acaba de presentar o seu primeiro traballo discográfico, Xanelas, para o cal contaron coa colaboración especial de Uxía Senlle, Isaac Garabatos, Sapoconcho e David Otomuro entre outros, e que foi gravado garcias ao apoio do público a través dunha campaña de crowdfunding moi exitosa.

Neste disco pódense escoitar temas de creación propia interpretadas en galego, portugués ou castelán e algunhas versións de grandes temas da música galega e portuguesa, como Pampa, Fado Lágrima ou unha curiosa versión de Meu Fado meu en clave de bossa-nova.

O traballo foi gravado nos estudos Mandeo Records, mesturado en Son Natural con Xabier Olite e Fran Gude e masterizado en Madrid por Fran Gude.

AXENDA

21:00 h.
Patio do seminario, Lugo.
De balde.