Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra

Maio 16, 2015

festas da Ascensión 2015

O concerto que ofrecerá Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra este sábado 16 en Santiago de Compostela completa o seu cartel con The Cool Experience. O grupo local confírmase como o encargado de iniciar a prometedora noite de espectáculo e festividade na praza da Quintana, dentro da programación da Ascensión 2015.

A apertura de portas efectuarase ás 20:30 horas e ás 21:00 comezará o directo de The Cool Experience. A continuación, ás 22:00 horas, será a quenda do vibrante espectáculo de Kusturica.

Os entradas para asistir están á venda no despacho de billetes do Teatro Principal de Santiago (de martes a sábado, de 18:00 a 21:00 horas), na Reixa Tenda, en Miranda – Cultura para levar, en entradas.abanca.com e en ticketea.com. Os tickets teñen un custo en venda anticipada de 15 euros máis gastos. Xa no día do concerto, o prezo na porta será de 20 euros.

The Cool Experience

The Cool Experience é o novo proxecto eléctrico liderado polo artista local Mr. Cool, nunha proposta que viaxa polo rock máis directo, a sonoridade rotunda do soul, o afrobeat e o funk. Con Mr. Cool ao baixo/guitarra e voz, completan a formación o baiano Paulo Silva na voz e batería, Chus Silva na sónica, o venezolano Felipe Castro ao saxo e Enrique Otero aos teclados.

O público poderá gozar en directo dos temas do seu primeiro EP “School!”, nun espectáculo vivo e intenso, que pide o baile e a diversión. A banda chega á Praza da Quitana despois de xirar por diferentes locais da xeografía galega e participar en eventos tan recoñecidos como o Feito a man ou o Festival de Cans.

ENTRADAS: Teatro Principal de Santiago, A Reixa Tenda, Miranda – Cultura para levar, entradas.abanca.com e ticketea.com

21:00 h.
Praza da Quimtana, Santiago de Compostela.
15 / 20 €