Emilio Rúa presenta “Duetos”

Setembro 21, 2018

nota:

Emilio Rúa presentará o seu novo disco, ‘Duetos’, este venres 21 de setembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Trátase dun disco excepcional gravado a dúo con dezaseis grandes nomes da música, como Pablo MIlanés, Victor Manuel, La Shica, Javier Álvarez, Rebeca Jimenez, Carmen Paris, Josele Santiago, Rozalén, Carlos Goñi, Vicky Gastelo, Soledad Gimenez, Rosa Cedrón, Javier Ojeda, Mercedes Ferrer, Luis Pastor e Dolo Beltrán.

Na presentación do seu oitavo álbum no auditorio da Cidade da Cultura contará coa presenza de Victor Manuel, Rosa Cedrón e Vicky Gastelo.

Emilio Rúa atópase na plenitude da súa madurez musical. Nestes últimos anos, en paralelo a súa actividade musical en directo, estivo traballando nun disco que colmará as expectativas dos seus seguidores e descubrirá ao compositor e artista de Ourense para aqueles que aínda non o coñecen.

Segundo o autor, este disco é un paso moi importante na súa carreira e tamén para a música galega, “pois leva a artistas moi importantes do panorama estatal e internacional a cantar comigo en galego de forma maioritaria”. En palabras do ourensán, este traballo é “un punto e aparte, neste momento no que cumpro a maioría de idade editando discos e compondo cancións”.

Emilio Rúa, cantautor e músico natural das Vendas da Barreira (Ourense 1976) leva adicado ao mundo da música desde os sete anos de idade. Comezou a súa carreira profesional no grupo musical Concorde Atenea formado polo seu pai e os seus catro irmáns co que percorreron Galicia e as zonas limítrofes de Castela, Asturias e Portugal durante oito anos.

Conta con oito discos publicados no mercado: Emilio Rúa (Edicións do Cumio 2000), Vida Miña (Boa Music 2006), Interior (Pai Música 2010), Despois de ti, a chuvia (Editorial Galaxia 2011) co escritor Xosé Carlos Caneiro, Destino sur (Autoedición/SGAE 2014), Querida Alegría (Autoedición/SGAE 2016), Cantares poesía galega (Autoedición/SGAE 2017) e Duetos (Sorte discos 2018).

Ten dous importantes premios estatais de cantautores cantando en galego: Cantigas de Maio (Ceutí 2004) e Jóvenes Cantautores de Elx (2006). En discos anteriores, Rúa xa tiña colaborado con grandes artistas como Luís Tosar, Uxía, Carlos Blanco, Guadi Galego, Kepa Junkera ou Celina da Piedade.

AXENDA

Facebook

21 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook