nota:
EMILIO RÚA (acústico)
Emilio Rúa presenta o seu concerto en formato acústico, espido e directo. Un repaso a todos os sus traballos que leva editado nestes 18 anos de carreira discográfica. Así como a promoción do seu último e séptimo disco autoproducido ‘Cantares’ (poesía galega) clásica e actual, que vai dende a poesía do Rexurdimento de Rosalía, Curros, Pondal pasando pola cálsica de Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Castelao até chegar á máis moderna de Xosé Carlos Caneiro e Manuel Rivas. Un disco que intenta revitalizar clásicos como María soliña, Unha noite na eira do trigo, Lela, Negra sombra dun xeito máis contemporáneo, así como dar a coñecer musicalmente outros poemas dos nosos grandes autores. Ademáis adiantará cancións do que será o seu octavo disco de estudio de duetos con grandes artistas como Víctor Manuel, Pablo Milanés, Carmen París, Javier Alvarez, etc.