Emilio Rúa

Febreiro 04, 2016

nota:

Xoves 4 21h 5€ (RGMV)

EMILIO RÚA “Querida alegría” (acústico)

Espectáculo íntimo pero intenso dun dos cantautores galegos con máis proxección na actualidade. Título que fai referencia a súa canción Querida alegría do seu primeiro disco do ano 2000, coa que gañou os premios nacionais de Cantigas de mayo (Ceutí-Murcia 2004 ) e Jóvenes cantautores de Elx (2006), cantando sempre en galego. Trátase dun repaso aos seus cinco discos editados polo de agora durante 15 anos de carreira discográfica e dun percorrido musical a través das cancións xa publicadas e de temas populares da cultura galega, reinterpretados dunha forma personal e festiva ademais de poemas de grandes e clásicos autores da poesía galega.

Todo esto mediante a posta en escena deste cantautor cunha guitarra acústica, piano e armónica. O espectáculo vai acompañado da presentación deste seu sexto disco titulado ‘Querida alegría’ no que colaboran entre outros Kepa Junkera, Carlos Blanco, Daniel Minimalia, Xestreu cantareiras, etc.

AXENDA

21:00 h
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €