Xoves 12 Setembro 21:00h 4€
EMILIO RÚA
O cantautor de Riós (Ourense) fai parada en Noites Na Capela nun concerto no que repasará temas dos seus 4 discos xa publicados e avanzará temas do seu 5º disco “Destino Sur” que está a piques de se publicar.
Emilio Rúa Nace en Vendas da Barreira (Riós- Ourense) no seo dunha familia de músicos, da cal é o menor entre cinco irmáns. Á temprana idade de sete anos comenza a cantar no grupo Concorde Atenea, unha orquesta familiar formada polo seu pai e os seus irmáns coa que percorren Galiza.
Guitarra en man comenza a compoñer e a presentarse en algún que outro concurso. Tras un dos seus recitais ofreceselle a oportunidade de gravar un primeiro CD, publicado no ano 2000, no cal colaborou a cantante Uxía Senlle en un dos temas.
Froito de este primeiro traballo discográfico foron as suas actuacions no Instituto Cervantes de Manchester e no de Leeds, ademáis de ter a oportunidade de compartir esceario con Ismael Serrano ou Pedro Guerra, así como numerosas actuacións en radio e televisión galegas.
No ano 2004 Emilio Rúa participa na V Muestra Nacional de Canción de Autor (Cantigas de Mayo) de Ceutí (Murcia), obtenendo o segundo premio, e cantando en galego. No 2005 presentase ao certamen Jóvenes Cantautores de Elx, obtenendo o primeiro premio, tamén cantando na sua lingua orixinaria, o galego. Ambos certámenes contaron co apoio de Discópolis Radio 3, o programa de Radio Nacional de España que dirixe e presenta Jose Miguel López.
En 2006 grava su segundo traballo discográfico, “Vida Miña” no selo BOA, gravación que conta coa produción artística de Uxía Senlle e os medios técnicos de Segundo Grandío ( Casa de Tolos). Este traballo supuxo para Emilio Rúa un antes e un despois na súa carreira artística.
No ano 2010 edita “INTERIOR” o seu álbum de confirmación, no que colaboran artistas da talla de Budiño, Uxia Senlle ou Luis Tosar.
Agora está a piques de salir á rúa o seu ultimo traballo “DESTINO SUR”