EMILIO RÚA
Este ourensán leva xa trinta anos no mundo da música. Con tres discos e un librodisco editados, fará neste concerto un repaso de cancións anteriores e un avance do que será o seu novo traballo, Destino Sur. Un disco que tende unha ponte entre a música sureña dos Estados Unidos e a música do sur de Galiza, a súa terra.