Emilio Rúa

Marzo 09, 2019

nota:

Emilio Rúa presentará o seu novo disco, ‘Duetos’, o 9 de marzo de 2019 no Teatro Colón da Coruña. Trátase dun disco excepcional gravado a dúo con dezaseis grandes nomes da música, como Pablo MIlanés, Victor Manuel, La Shica, Javier Álvarez, Rebeca Jimenez, Carmen Paris, Josele Santiago, Rozalén, Carlos Goñi, Vicky Gastelo, Soledad Gimenez, Rosa Cedrón, Javier Ojeda, Mercedes Ferrer, Luis Pastor e Dolo Beltrán.

Na presentación coruñesa do seu oitavo álbum no Teatro Colón contará coa presenza de Rosa Cedrón, La Shica, Josele Santiago e Rebeca Jiménez.

Emilio Rúa atópase na plenitude da súa madurez musical. Nestes últimos anos, en paralelo a súa actividade musical en directo, estivo traballando nun disco que colmará as expectativas dos seus seguidores e descubrirá ao compositor e artista de Ourense para aqueles que aínda non o coñecen.

Segundo o autor, este disco é un paso moi importante na súa carreira e tamén para a música galega, “pois leva a artistas moi importantes do panorama estatal e internacional a cantar comigo en galego de forma maioritaria”. En palabras do ourensán, este traballo é “un punto e aparte, neste momento no que cumpro a maioría de idade editando discos e compondo cancións”.

Emilio Rúa, cantautor e músico natural das Vendas da Barreira (Ourense 1976) leva adicado ao mundo da música desde os sete anos de idade. Comezou a súa carreira profesional no grupo musical Concorde Atenea formado polo seu pai e os seus catro irmáns co que percorreron Galicia e as zonas limítrofes de Castela, Asturias e Portugal durante oito anos.

Conta con oito discos publicados no mercado: Emilio Rúa (Edicións do Cumio 2000), Vida Miña (Boa Music 2006), Interior (Pai Música 2010), Despois de ti, a chuvia (Editorial Galaxia 2011) co escritor Xosé Carlos Caneiro, Destino sur (Autoedición/SGAE 2014), Querida Alegría (Autoedición/SGAE 2016), Cantares poesía galega (Autoedición/SGAE 2017) e Duetos (Sorte discos 2018).

Ten dous importantes premios estatais de cantautores cantando en galego: Cantigas de Maio (Ceutí 2004) e Jóvenes Cantautores de Elx (2006). En discos anteriores, Rúa xa tiña colaborado con grandes artistas como Luís Tosar, Uxía, Carlos Blanco, Guadi Galego, Kepa Junkera ou Celina da Piedade.

Facebook

17 minutes ago

Ábrete de orellas
Segundo videoclip do disco de debut de Sun Iou XONIX RECORDS ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Teatro Colón, A Coruña.