Elle Belga

Xullo 26, 2019

nota:

Chegado o final da súa traxectoria como guitarrista e voz en Manta Ray e Viva Las Vegas, Jose Luis García segue compoñendo. É en 2008 cando, a carón de Fany Álvarez, varios destes temas se revisten de palabras. Esta colaboración materialízase nun resultado que conduce á necesidade dun proxecto: Elle Belga.
“Todo aquilo que fagamos deberá poder ser asubiado”. Con esta declaración de intencións nace 1971, nome do primeiro traballo de Elle Belga (Acuarela 2009). O sustento deste disco cantado en castelán son as melodías e as voces, cálidas e luminosas, aínda que xa se deixa intuír moi sutilmente que haberá un camiño posterior máis “incómodo” e sombrío.

En 1507 segundos prestados, Elle Belga, rende homenaxe a autores como Paco Ibáñez ou Joan Manuel Serrat. Aínda que as voces seguen sendo o substrato principal, o elemento co que conseguen facer seus os temas é o ambiente que envolve o disco, que se converte no fío conductor. Os arranxos puramente melódicos deixan paso a harmonías máis “tensas” e, así, 1507 segundos prestados convértese nun disco “ponte” ata chegar ao seu terceiro traballo.
Refugio é o nome do terceiro disco, publicado por Gran Derby Records, e é a conclusión do que se albiscaba. A base rítmica e as guitarras grávanse en directo e a melodía, que segue sendo o piar da composición, revístese cos samplers que funcionan como un instrumento máis. A través de sons desacougantes e de letras dunha serenidade conmovedora, adéntranse nun repouso ficticio e bastante perturbador.

vídeos
hps://www.youtube.com/watch?v=RgBtHc3zJXs
hps://www.youtube.com/watch?v=Y0LKfHHXG_I

Facebook

20:30 h.
Xardíns da Deputación, Lugo.
De balde.