Eliseo Parra

Outubro 25, 2014

nota:

O músico vallisoletano Eliseo Parra presenta o seu próximo traballo, ‘El Man Sur’, cuxo proxecto está a financiar a través de crowdfunding. Parra mantén desde sempre unha fructífera relación con Galiza. Foi produtor do disco de Chouteira ‘Folla de Lata’ e tamén de ‘Árnica Pura’, do artista Davide Salgado. Ademais de colaborar con varios músicos galegos, impartiu ‘master classes’ no Conservatorio Folque de Lalín.

Eliseo Parra (Sardón de Duero, 1949) comezou a súa carreira musical nos anos 60 en grupos de rock, continuou no jazz e logo comezou a investigar a música tradicional castelá. Hoxe o seu labor máis coñecido é o de divulgador e renovador da música tradicional española.

Inicia a súa carreira en solitario nos 90, centrada na revisión do repertorio tradicional do folclore español desde parámetros musicais contemporáneos, con influencias das músicas tradicionais doutros países, da música caribeña, do jazz e do rock. Publicou nove discos en solitario.

Además de como intérprete, Parra realizou traballo etnolóxico de campo en colaboración con José Manuel Fraile. Froito desta colaboración son os libros Romancero tradicional de la provincia de Madrid, Cuentos de la tradición oral madrileña, La poesía infantil en la tradición madrileña e El mayo y sus fiestas en tierras madrileñas.

19.30 h
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.