Electra

Xuño 10, 2017

nota:

Os Arehucas Live Music! e Riquela Club acollen o sábado 10 de xuño un dos concertos de presentación de ELECTRA. Banda formada en A Coruña, Electra é o novo proxecto do guitarrista e compositor Pablo Rega que nos propón unha viaxe musical que se nutre dende o rock experimental das súas orixes, influido pola súa traxectoria como compositor e intérprete en terreos máis vangardistas, no que envolve musicalmente unhas coidadas letras en castelán con cores e texturas que van dende os sons do rock máis clásico ou a música fronteiriza e de raíz americana ata as pasaxes máis sofisticadas e evocadoras. Movéndose entre a violencia e a calma que outorgan a experiencia, Electra nace cunha firme e sobria achega en escena que non deixará a ninguén indiferente.

Arehucas Live Music!
ELECTRA
RIQUELA CLUB
Santiago de Compostela
SÁBADO 10 XUÑO 2017
21.00 (apertura portas 20.00)
8 euros (anticipada) / 10 euros (billeteira)
venda entradas: Riquela, A Reixa Tenda, Ticketea

Pablo Rega, ex membro da mítica formación Kozmic Muffin, pasou os últimos 15 años dedicado á música instrumental, a medio camiño entre a improvisación libre e a composición contemporánea e experimental en formacións como a B.I.B. (Banda de Improvisadors de BCN) e O.M.E.G.A. (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) das que foi director durante anos. Deseñador de son para espectáculos de teatro e bandas sonoras para cine e documental, ten traballado en incontables proxectos e formaciones no eido da improvisación libre, o free jazz e as músicas de vangarda.

Forman ELECTRA, Alvaro Dorda como vocalista (Mandrágoras, Ultracuerpos, Rockers go to Hell), Miguel Martínez ao baixo (Rockers go to Hell, MEU, Pardo), Ramón Alonso como guitarrista e nos coros (Ultracuerpos, Sensacional), Enrique Otero aos teclados (Kozmic Muffin, Banda Crebinsky) e, na batería e os coros, Adrián Seijas (Misterioso viaje a Holanda); todos eles músicos de sobrada e demostrada experiencia no panorama nacional. Electra prepara o seu primeiro traballo discográfico en estudo para o próximo outubro e estréase cun directo irresistible, maduro e elegante.

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

18 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Riquela Club, Santiago de Compostela.
8 / 10€