elastic band “MooD”

Xaneiro 13, 2012

Regresa este proxecto granadino que tan gratamente sorprendera cun debut “Boogie Beach Days”( Rock On, 2009) que cualificabamos de “collage sonora”. Como era de prever, conservan esa fantasiosa filosofía confeccionada a base de experimentar con mesas de mesturas, sintetizadores, computadoras, sampleos, pedais e todo o que se preste para encher de matices as cancións. Ao principio parece que van entregar un disco máis nocturno, pois abren con dous dos momentos máis discotequeiros do disco e talvez os máis logrados: “Giving Advice” e “Not There”, que soan cheas de sintetizador ochenteiro, voces dobradas ou uns baixos de corte funky que volverán brillar en “The Situation”. Mais pronto amosan tamén un aire romántico e reggae en “The Way She Move Me” ou o arrecendo a pop dos 60 en “Better Than Before” e “Trust Her”. En medio dun eterno transcurrir de sons e detalles que fan ben entretida a escoita van aparecendo chiscos ao carrusel, o soul, a electrónica, o indie, o soul ou as guitarras setenteiras dos discos de Bowie en “Then Again”. Non obstante, o punto álxido de experimentación, cambios de ritmo, falla de prexuízos e un mínimo de pose formal é “AyMama!!!”, unha das maiores sorpresas do disco. “MooD” é complicado de resumir polo moito que hai condensado nestes 11 temas, nos que si se aprecia unha finalización máis clásica de cada canción. Sen dúbida, os ouvidos máis desprexuizados atoparán aquí toda un festín estilístico.
Pepe Cunha, 13-xaneiro-2012

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook