elastic band “boogie beach days”

Novembro 11, 2008

O disco debut desta banda granadina é toda unha collage sonora. Un divertido traballo de estudio con sabor artesanal e, canda menos, 2 cancións irresistiblemente bailables: “Smokin’ & trippin'” e “My Right Time”. Ben liderados pola boa voz de Pablo Román e nunha filosofía afín ao Beck máis hedonista e vacilón, viaxan con coñecemento e devoción por unha gran variedade de estilos: funky, pop clásico, rock, electrónica, psicodelia, folk, disco, e incluso lembran cortes de bandas sonoras de series ou películas. En definitiva, case 40 minutos en 15 cortes para unha festa-revolta contra o tedio. Cómpre mencionar tamén o deseño e a man na produción de Mike Pelanconi e preguntarse…como levarán esta amalgama da gravación ao directo? En MySpace: . Edita Rock-On (www.rockonmusic.net )
Pepe Cunha 11/11/08

AXENDA

Facebook