foto oficial da presentación con representantes de Concellos, artistas, empresas patrocinadoras e equipo do festival
nota:
A novena edición do ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes viviu esta mañá a súa presentación oficial no Teatro Colón da Coruña con fotografía de familia baixo unha fermosa árbore. “En galego, as árbores son femininas”, sinalaban dende a organización.
O día 9 de abril será a Festa de presentación na Sala Mardi Gras, onde comezou todo. A artista venezolana Georgina será a encargada ás 21 h. de que a música comece a soar. Ainda que este ciclo acolle múltiples disciplinas artísticas. Este ano haberá pintura, poesía, teatro, circo, comic e diversas actuacións musical.
Desveláronse hoxe trece das actuacións previstas, ainda que serán máis de vinte as actuacións que poda gozar o público, moitas delas gratuitas.
Silvia Penide, a nova directora, agradeceu o traballo realizado por Yolanda Villa a quen releva este ano á fronte do proxecto. Participan os concellos de A Coruña, Arteixo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada e na presentación estivo presente o Concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña, Gonzalo Castr,o dando a benvida a representantes do resto de concellos participantes, dende o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, ata concelleiras dos diversos concellos: Arteixo, Culleredo, Oleiros e Sada, o único que non puido asistir foi Betanzos que enviaron unas liñas para estar presentes.
A empresa constructora Citanias será a patrocinadora principal, xunto a Gadis, Coca-Cola, a Xunta de Galicia, a Asociación de Intérpretes e executantes e a República Musical Mardi Gras no capítulo de colaboradoras. Sen descartar novos patrocinios.
A seguinte actuación será o día 24 de abril en Oleiros, no Auditorio da Fábrica. A madrileña La Otra ofrecerá un directo cun custe de catro euros a entrada, tras regresar da súa xira por Latinoamérica onte participou en varios festivais. O ciclo prolongarase ata o domingo 29 de novembro, día no que o espectáculo Fieralinda de Ede será o punto final desta novena edición. Xa coa ollada na décima.
deseguido o dossier no momento da presentación
AVANCE 9ª EDICIÓN
O Ciclo Metropolitano de música e artes pola igualdade chega á súa 9ª edición con novidades. A principal é que a nova directora é Silvia Penide que sustitúe a Yolanda Villa que pasa a ser directora honorífica do ciclo como impulsora do mesmo en 2018.
Na anterior edición foron máis de 3.500 persoas as que asistiron ás máis de 20 actividades programadas nos 7 Concellos participantes: A Coruña, Arteixo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada._________________
As Sedes na cidade da Coruña
En A Coruña están previstos, como mínimo, 10 eventos con 13 mulleres artistas como protagonistas:
Serán nas salas de concertos: Garufa Club, Jazz Filloa e Mardi Gras, ademáis de na Praza de Azcárraga, na Casa Museo María Pita, na Casa Museo Casares Quiroga, no Auditorio da Domus e no Teatro Colón. Sen descartar algún espazo máis que ainda non está confirmado.
Artistas confirmadas na Coruña
Na Sala Mardi Gras xa están confirmadas tres actuacións: Georgina que este xoves 9 de abril ofrecerá o concerto de presentación do ciclo no que se sortearán entradas para algúns dos seguintes eventos. Será ás 21:30. As entradas anticipadas poden mercarse en entradium.com, tamén haberá na propia sala o día do concerto.
Georgina será a encargada de abrir o ciclo
O 25 de maio haberá un concerto moi especial en Garufa Club coa norteamericana Scarlet Rivera. Polo nome seguramente pouca xente a coñece. Pero si decimos que é a intérprete do solo de violín máis lembrado da música popular dos anos 70, abriremos as orellas: A canción Hurricane de Bob Dylan. Esa é Scarlet Rivera. Que estivo en todo o disco Desire e en toda a xira mítica Rolling Thunder Revue. Actúará en Garufa interpretando temas de Bob Dylan xusto ao día seguinte que o premio nobel de Literatura cumpla os 85 anos. Ela ten 76 anos e ven con Rob Stoner, baixista naquela etapa con Dylan e director artístico do seguinte disco, Hard Rain.
As entradas para Garufa sairán nuns días á venda.
Todo continúa durante os seguintes meses con actuacións, obradoiros, exposicións ata chegar ao domingo 29 de novembro día no que o Teatro Colón acollerá a clausura do do ciclo co concerto da madrileña EDE. A nosa aposta arriscada deste ano. Unha artista que xirou con Xoel López durante dous anos e que ten novo disco: Fieralinda. Un espectáculo que recomendamos cos ollos pechados e que sabemos que quen veña vai sair dicindo: vaia fenómena. Unha artista que xa estivo no ciclo 2 veces máis e que é puro talento.
Dende New York teremos a un trío que ama a música dos anos 60. O nome máis difícil de pronunciar das nove edicións: Tchotchke (lido é Choch Ki). Cun último disco producido polos Lemon Twigs, gozan e fan gozar dende o esceario. Será o mércores 27 de maio.
Outras confirmaciones destacadas son Stacy Antonel, dende San Diego, California. Estará en Mardi Gras o 29 de xuño.
Unha artista para a afección á música country e de raices de Estados Unidos, cunha voz que levará a moita xente fan do xénero a recoñecer ás grandes pioneiras. Será xusto no único día de descanso do Festival Noites do Porto.
Tamén teremos en Garufa Club a outra artista que desborda talento: Rosalie Cunningham. Segundo a revista Classic Rock: se Kate Bush e os Beatles tivesen unha nena, sería Rosalie Cunningham. Estará na Coruña o 8 de outubro.
Unha actividade emocionante ímola vivir no magnífico Auditorio da Domus, en data ainda sen confirmar e na que Gosia Trebacz participa por segunda vez no ciclo. A primeira fora cun reto enorme que foi pintar un coche. Quedou espectacular e anda circulando polo mundo. E non será a única artista ese día, contaremos tamén con Blanca Trigo cun recital ilustrado por Octavia Russo.
Outra das novidades deste ano é que a exposición da Casa Museo María Pita durante todo o mes de agosto será unha extensión de Viñetas do Atlántico. A protagonista desta exposición será a obra da coruñesa Xulia Pisón.
Non esqueceremos a actuación de música e pintura en directo na Praza de Azcárraga nin un obradoiro gratuito na Casa Museo Casares Quiroga. E ata hai posibilidade de achegarnos a algún espazo máis.
ACTIVIDADES NO RESTO DE CONCELLOS
Vernes 24 de abril – Concello de Oleiros – Auditorio A Fábrica en Santa Cristina – La Otra – Madrileña con proxección internacional, acaba de estar en Latinoamérica percorrendo varios paises en salas e festivais, teloneando incluso a Manu Chao.
Venres 3 de xullo – Concello de Arteixo – Auditorio exterior da Casa da Cultura se o tempo o permite: Sofía Espiñeira – Artista multidisciplinar galega, combina músicas do mundo con canción de autora. O trío co que actuará xunto a Ailén Kendelman (percusión e coros) e Judit Almeida (contrabaixo e coros)
Venres 11 de setembro – Concello de Culleredo – Auditorio de Usos Múltiples en O Burgo : Carlota e compañía.
Veremos a Carlota Mosquera e Sol Álvarez co espectáculo: Ninguén tira fotos nos enterros.
Concello de Carral – Data sen concretar – IES DE CARRAL: por cuarto ano imos ao Instituto de Carral, nesta ocasión cun espectáculo de Marta Iglesias Sempre Arriba, estreando unha disciplina artística que ainda non tiveramos no ciclo: Os aéreos, unha das técnicas do circo máis espectaculares, combinada co humor e as reflexións de Marta.
Tamén haberá un obradoiro de improvisación no propio IES.
E faltan Sada e Betanzos, que teñen dous magníficos espazos, como son a Cada da Cultura Pintor Lloréns e no caso de Betanzos o auditorio da Aula de Cultura Xulio Cuns. Estamos en fase de concretar os espectáculos que se poderán ver alí.
NOVAS INICIATIVAS: ARTISTAS DO DÍA A DÍA
Nesta edición escolleremos 9 mulleres, unha por cada edición que levamos para facerlle unha pequena reportaxe e poñer en valor as Mulleres Artistas na súa profesión (sexa cal sexa) no día a día das nosas vidas.
Serán seleccionadas 6 dos diversos concellos e 3 da Coruña.
Isto seguirá medrando nos vindeiros meses.
Grazas pola atención!


