Elas Son Artistas. 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade

Abril 11, 2018

nota:

Entramos na recta final do inicio do que será o​ 1o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade ​ e no que levamos traballando meses. Cincuenta son os días que nos separan do 31 de maio, data na que o festival se porá a alfombra vermella cunha xornada profesional porque este evento fuxe dos estereotipos marcados na actualidade e aúna ao sector profesional cunha tradicional vertente de ocio e cultura.

Elas Son Artistas é moito máis que un festival multidisciplinar. É unha iniciativa integral onde se combina o público co privado para dar voz a moitas mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes e que habitualmente se atopan na sombra pero que son fundamentais para o éxito do resultado final. Ademais, como é imprescindible, contarase cunha proposta cultural gratuíta na que os asistentes poderán gozar e coñecer das diversas
facetas artísticas e creativas das mulleres que formarán parte do festival, combinados con eventos de pago en espazos públicos e privados.

Esta primeira edición ​ nace da man de cohesión de diversos xestores culturais, asociacións sen ánimo de lucro e empresas relacionadas coa música. Involucrados con ​ #ESA atopamos tamén aos concellos de ​ A ​ Coruña, Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada​ . Estas sinerxias entre o sector público e o privado posibilitaron o nacemento dun festival referente na área Metropolitana da Provincia da Coruña. Foi fundamental tamén gañar un dos Premios de Ideas Luisa Villalta outorgado pola ​ Deputación da Coruña​ . Sen ese impulso hoxe non estariamos aquí.

Un elemento diferenciador de ​ #ESA é a aposta pola mobilidade de persoas residentes en medios rurais ou semirurais. Para iso desde a organización porá autobuses que permitirán aos asistentes ao festival desprazarse entre os diversos concellos do festival dando servizo a eses pequenos núcleos habitualmente esquecidos nas propostas culturais masivas.

Programación.
Celebrarase entre o ​ 31 de maio e o 6 de xuño
Abrirase, como xa comentamos con anterioridade, cunha xornada profesional de acceso exclusivo para profesionais do sector que nace co obxectivo da creación dun ​ manual de boas prácticas no sector​ , tratar temas como a conciliación familiar, posibles discriminacións, acosos… Para iso contaremos coa presenza de artistas galegas (músicas, actrices, pintoras, fotógrafas…), profesionais técnicas (mánagers, técnicas de luces, son…) así como responsables das áreas de cultura e igualdade dos 10 concellos da área metropolitana que participan no festival, da Deputación e do Consorcio das Mariñas. Unha cita que se celebrará no ​ Pazo de Mariñán, ​ grazas de novo á colaboración e sensibilidade da ​ Deputación coruñesa coa iniciativa.

Como broche a este primeiro día contaremos cos espectáculo de ​ Aldaolado quen encherá de humor e poesía o ​ Bâba Bar​ . Pero o #ESA ofrécenos unha alternativa musical da man de Billy Holliday’s Songbook​ no ​ Jazz Filloa​ . O segundo día o #ESA desprázase a ​ Arteixo onde levará a cabo o concerto de Femeninoplural​ , un evento gratuíto, desde o que tamén poderemos desplazarnos a Coruña para gozar no Teatro Colón onde a artista ​ Ele presentará o seu último traballo “What Night Hides”. Posteriormente celebrarase un concerto na Sala Mardi Gras dunha artista aínda por confirmar.

Xa na xornada sabatina visitaremos ​ Betanzos cunha sesión vermú que correrá a cargo de Blues do País e diversos ​ obradoiros de pintura​ . Xa pola tarde desprazarémonos a ​ Sada e a Oleiros​ . O Paseo Maritimo do primeiro concello recibirá a visita da artista internacional Nastasia Zürcher quen presentará o seu disco “Beat”.
Oleiros pola súa banda recibirá á bilbaina ​ Berta Bittersweet quen mestura sobre o escenario melodías pop cos trazos máis característicos da música negra e tras unha longa carreira acadou máis popularidade tras pasar polo programa televisivo​ La Voz​ .

O domingo comezará da man de As ​ Antonias quenes visitarán o Auditorio do Parque daIgrexa de ​ Cambre​ . Continuaremos o día desplazándonos ao Conservatorio de Música de Culledero para presenciar o concerto ​ Turma Caipira​ . Pecharemos o domingo na ​ Sala Garufa con outro dos proxectos gañadores dun premio Luisa Villalta e un dos eventos máis esperados do #ESA: o galardoado espectáculo “Pan, Pan” que situou ás mozas de​ A Panadaría​ como un referente no mundo do teatro estatal.

O 5 de xuño teremos a ​ Carla Green & Exit ofrecendo un concerto moi especial na MardiGras, e para rematar, a guinda a porá a ​ artivista ​ internacional ​ Rebeca Lane​ .

Os abonos e entradas soltas para este 1o Festival Elas son Artistas sairán á venda o próximo día 20 de abril a través da plataforma Ataquilla.com onde poderemos atopar diversas modalidades que inclúen desde o o completo incluíndo os traslados entre os diversos eventos así como as entradas para os diferentes eventos de maneira individual.

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook