nota:
concerto dos vigueses Eladio y los Seres Queridos, que nos presentarán o seu terceiro disco, ‘Orden Invisible’. Unha colección de 12 cancións repletas de fermosas melodías, letras intelixentes e coidadas e cunha contundencia na súa manufactura final que o converten nun traballo dunha sinceridade abafadora. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo.
Despois de recoller o Premio Galego da Música á mellor banda galega Indie/Pop 2013, Eladio y los Seres Queridos volveron porse en mans dos produtores Manuel Colmenero e Javibu Carretero para facer realidade o seu terceiro traballo. Neste disco meteron voces de nenos, cordas e metais, unha orquestra de saxos, grabacións de ambientes reais e moita menos rixidez e claqueta. “Tratábase de capturar momentos máxicos”, Eladio Santos, cantante e compositor do cuarteto vigués.
Temas como ‘Seremos santos inocentes’, ‘Bella durmiente’, ‘Niño salvaje’ ou ‘Highway to heaven’ son só algúns exemplos de como ‘Orden invisible’ pode considerarse como unha especie de manual de instruccións para a vida elaborado nunha viaxe musical que visita estacións dos mellores rock, pop e folk nacionais. “Se se le entre liñas encóntrase facilmente a mensaxe: temos o impulso de vivir e loitar até o final. Ese impulso, a pesar de todas as nosas limitacións e a nosa docilidade, é a orde invisible que seguimos día a día”
Eladio y los seres queridos son: David Outumuro: Batería e percusións. Oscar Durán (Uka): Baixo. Marcos Vázquez: Teclados, sintetizadores e fx. Eladio Santos: Voz, guitarras eléctricas e acústicas.