el tercer semestre “#tender tropic”

Febreiro 14, 2013

Aloud Music segue a apostar polo rock instrumental e experimental da man agora deste trío de Sabadell. O seu EP de debut contén algo máis de vinte minutos separados en 6 cortes e cunha única e significativa frase no corte inicial “Ratalan”: “does anybody care about me?” (“preocúpase alguén por min?”). Si, porque aínda son minoritarias este tipo de propostas a pesar de sentar ben aos ouvidos e pés receptivos. El tercer semestre ofrece unha rítmica complexa, un nobelo de guitarras e un baixo acelerado. Non é doado sonar orixinal, pero eles resultan frescos e contundentes, sen escatimaren momentos bailables como “Tropicat” ou “Fèlix Millet”. Eis tedes o seu bandcamp para darlles unha merecida oportunidade e gardar o nome por se che cadra velos en directo.

Como sempre que edita Aloud Music, discos dispoñibles para mercar físicamente e descargar.

Pepe Cunha, 14-febreiro-2013

AXENDA

Facebook