El Petit de Cal Eril

Decembro 14, 2018

nota:

El Petit de Cal Eril é un grupo con base nun pequeno pobo catalán chamado Guissona. El Petit soa internacional, soa a unha mistura sesenteira entre Pau Riba e Syd Barret, a contemporáneos como Bonnie Prince Billy e Bill Calahan, soa delicado coma Cass McCombs e psiquedélico coma King Gizzard & The Lizard Wizard e Tame Impala.

Todo isto e máis -dúas baterías tocando ó mesmo tempo en directo- é o que vas poder ver nunha longa xira que os traerá a Galicia e que pasará por Asturias, Andalucía, Euskadi, as Illas Canarias e o País Valencià. Unha moi boa ocasión para descubrir o seu último disco △ (o disco triangular) editado o pasado febreiro de 2018 pola discográfica Bankrobber. Un disco -o sexto da súa carreira- grabado en tres ubicacións e estudios diferentes: a primeira parte no Mas Franch -unha casa de palla- de Sant Feliu de Pallerols (Girona); a segunda, no cuartel xeral do grupo, o Teatre de Ca l’Eril de Guissona (Lleida); e a terceira e derradeira parte, nos estudios Figure 8 de Brooklyn, New York.

Completan a edición do disco tres videoclips que presentan mortes sen resolver, localizacións insólitas e inquedantes persoaxes. O sorprendente e psiquedélico guión de toda a serie é obra do poeta Martí Sales, e a realización de Artur Tort, Marc Cuscó e Marc Roca.

AXENDA

Facebook

20:30 h.
Liceo Mutante, Pontevedra