El niño de la hipoteca

Xaneiro 21, 2012

Cantautor barcelonés que ten percorrido todo o país coa súa graza e a súa guitarra. Letras que combinan humor e melancolía, moita complicidade cun público que xa lle é do todo fiel e, sobre todo, ganas de divertirse enriba do escenario, son as credenciais de El Niño de la Hipoteca. Despois do éxito acadado co seu primeiro traballo Que te vaya bien , de pasar por moitos festivais do estado español e compartir escenario con grandes artistas, dá un paso máis na súa carreira cun novo proxecto, Mi novia de 2ºB . Un traballo máis maduro, fresco e con letras moi elaboradas. El Niño de la Hipoteca volve coas súas mellores galas e máis festivo que nunca.

El Niño de la Hipoteca é Guiu Cortés, ou Guiu Cortés é El Niño de la Hipoteca. Despois de tocar no Metro de Barcelona, de militar en diferentes formacións musicais de estilos diversos e de editar un cd homónimo coa súa última banda, The Singletons (Batiendo Records, 2007), no ano 2008 nace o proxecto de El Niño de la Hipoteca. Con vontade de total independencia nace tamén o selo El Niño de la Hipoteca Records.

Grazas á súa primeira maqueta ( Toma Uno ), que tivo moi boa acollida, atopou a maneira de subvencionarse. Tamén vendendo máis de 1500 demos nos directos durante o primeiro ano.

No transcurso do fructífero 2008 compartiu escenario con La Cabra Mecánica , Ariel Rot, Quique González, Concha Buika, Amaral, Raimundo Amador e Los Delincuentes entre outros, visitando varias cidades importantes en máis de 60 concertos.

No 2009 presentou o seu traballo de debut Que te vaya bien (El Niño de la Hipoteca Records , 09), dentro do Festival Barnasants 2009, na sala Luz de Gas de Barcelona, cun éxito total de público. Unha xira de máis de 80 concertos durante o 2010, entre os cales destacan as actuacións no Festival Barnasants por segunda vez consecutiva, no Festival Rockmeló, no Festival Esperanzah, no Festival Acústica e no Palau de la Música ; compartindo cartel con Pedro Guerra, Amparanoia e La Troba Kung-Fu. Foi convidado a programas como Buenafuente ou Salvados, ambos en La Sexta e o seu ‘myspace’ rexistrou máis de 300.000 visitas.

O seu segundo álbum publicouse este ano, baixo o título Mi novia de 2ºB que se presentou oficialmente no Festival Barnasants, con grande éxito de crítica e público.

Facebook

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
3 / 5 / 6 €