El niño de la hipoteca

Xuño 14, 2014

nota:

10 € / 8 € (anticipada) / 6 € as 25 primeiras entradas / 5 € (soci@s)
El Niño de la Hipoteca despídese da súa Guitarra. A última acción de El Niño de la Hipoteca en internet, #OperaciónGuitarra deu moito que falar. Despois dun contratempo, a guitarra que lle leva acompañado toda a súa carreira, gretouse dun xeito insalvable e un bo día comentoulles aos seus seguidores que iría subindo un vídeo semanal para, co diñeiro que paga Youtube pola publicidade, poder costear unha guitarra nova. Un “crowdfunding” moi peculiar que, en lugar de pedir cartos, pedía visitas. Tal foi a resposta do público que en poucos meses os seus sucritores do canal Youtube empezaron a multiplicarse e acabou conseguindo un ratio de visitas moi alto, e a día de hoxe segue medrando. Actualmente está moi preto de conseguir esa ansiada guitarra nova. A guitarra vella en cambio sufrirá un destino máis que digno, ser sorteada entre todos os seus suscritores, e como nunca máis será tocada por el en directo, ¿que mellor que despedila como merece?, cunha xira. Nesta xira non estará só porque o acompañará “el Ratón Avatar”, a persoa que está detrás da cámara nos seus vídeos, para gravar todo o que pase na xira e ir subindo material durante a mesma! En pouco tempo, el Niño de la Hipoteca pasou de ser un fenómeno “underground” a un nome que goza de gran cantidade de seguidores e que a case todo o mundo “lle soa”. E cando non se teñen altos orzamentos, o boca-orella funciona como un alude se hai algo de calidade debaixo dun fenómeno. Sen dúbida algunha as cancións cargadas de ironía, tenrura e intelixencia que el Niño de la Hipoteca compón non deixan indiferente a ninguén. A súa primeira aparición televisiva foi no prestixioso programa de Jordi Évole, Salvados no que Guiu (o nome que hai debaixo da máscara hipotecada) tocáballe unha canción a Ramoncín, un gracioso “popurrí” no que demostra que en só 4 acordes caben os grandes éxitos do pop español. Con dous discos nas súas costas, Que te Vaya bien (2009) e Mi novia de 2ºB (2011), e un terceiro de grandes éxitos reversionados (Gratis Hits, 2012), “El Niño” ofrecerá unha xira co seu formato orixinal, a guitarra e voz e deixa aparcada a nova banda que lle adoita acompañar, Los Ratones, onde destacarán novas pezas que constituirán o seu cuarto disco que sairá en outubro deste ano e cancións inéditas que teñen aparecido na Operación Guitarra.

www.facebook.com/pages/EL-NI%C3%91O-DE-LA-HIPOTECA/58639151709
www.youtube.com/user/ndlhrecords
www.xn--elniodelahipoteca-ixb.com

AXENDA

Facebook