nota:
Xoves 9 – 21:00 8€ (ARTISTAS EN RUTA AIE)
EL NAÁN – LA DANZA DE LAS SEMILLAS –
Desde o Cerrato palentino El Naán coloca o folk ibérico en pleno século XXI, nun espectáculo que incorpora elementos teatrais e unha importante carga poética e comunicativa, que resulta nunha experiencia conmovedora, moi visual e dinámica. Sons atávicos, estilos de ida e volta, aromas das civilizacións que pasaron e deixaron a súa pegada en Iberia, son os ingredientes da súa proposta musical, creando unha ponte coas músicas de raíz de todo o mundo. O septeto levou o seu directo a Irlanda, Hungría, Polonia e Inglaterra (incluído un concerto en directo para a BBC), conta con dous discos e está a preparar o terceiro, “La danza de las semillas”.