El Kanka

Decembro 14, 2014

Se tes un chip que se rebela ante un mínimo cheiro a “cansautor”, “buen rollito”, “mestizaxe” ou “perroflautismo”, probablemente non sexa este o teu artista. Se non tes querencia polos cantautores ou dás moita máis importancia á música (e se esta sorprende, mellor), pois 3/4 do mesmo. Porén, El Kanka é unha recomendación se agradeces encontrarte de cando en vez cun artista que che produce empatía, credibilidade, de voz cálida e letras lúcidas, ora simpáticas e irónicas, ora románticas (mais non enchoupadas de zucre).

Este cantautor malagueño entrega un segundo álbum financiado por micromecenado e a unha cerelidade notábel. Isto dá proba de que quen asiste aos seus concertos ou escoita as súas cancións sae en maior ou menor medida tocado polo seu carisma. Segue nos directos co seu fiel Manin nas percusións e engade a Álvaro Ruíz na guitarra, pero a gravación desta segunda colección de cancións vese enriquecida no seu acabado co engadido de máis instrumentación e a man na produción do galego Juan de Dios Martín (Amaral, Xoel López, Barón Rojo, Marlango…)

Tras o seu álbum debut “Lo mal que estoy y lo poco que me quejo” e esta continuación, somos testemuñas do crecemento dun Kanka que vai acumulando xa un bo feixe de cancións que enganchan (“No jodan la marrana”, “El día de suerte de Pierre Nodoyuna”, “Espero que disfruten de mi sufrimiento”, “Del miércoles al martes”… ). O single adianto e primeiro corte do disco, “A desobedecer”, leva ritmos do leste de Europa, que ao longo do disco deixarán paso aos latinos, swing, vals … e mesmo se atreven co rapeado e o beatbox en “Me alegra la vista”. Ademais, conta co apoio e recoñecemento de compañeir@s de profesión como Lichis (estupendo dúo vocal en “Con el permiso de ustedes”), Toni Zenet (“Volar”) e a gaditana Carmen Boza nunha das pezas sobresaíntes do disco: esa oda á liberdade e o respecto no amor de parella que é “Vengas cuando vengas”.

O álbum ten algún momento máis frouxo e musicalmente non é para tolear, pero nunca descoida os retrousos efectivos para que as novas cancións sigan a funcionar diante do público. Tras escoitar o disco e asistir a un par de concertos seus no último ano (grazas, Tomi Desastre, por teimar en traelo!), penso que os seus días de sorte van ser moitos. Ten talento a manchea e con esta constancia e xeito non me sorprende que a súa popularidade siga a crecer exponencialmente. “Se vive como se es / se canta como se siente / y a mí me gusta cantarte / mientras te miro de frente”.

Pepe Cunha, 27-xuño-2014

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Pub Aturuxo,Bueu.
8 / 10 €