El Caracol Andador

Abril 20, 2013

nota:
El Caracol Andador |Folk/jazz/música tradicional|Valladolid

Jesús Ronda: guitarra, percusión, voz; Alberto Requejo: saxo tenor; Jaime Lafuente: voz , percusión; Chuchi Marcos: baixo; Paco Tejero: batería; Armando Fernández: son…

Presentan : Recordando a Lorca y La Argentinita.

As fotos son de Visual Creative, se se pode facer mención diso, mellor. Musicalmente falando o máis próximo sería folk jazz aínda que tomar como referencia o título do disco, Recordando a Lorca y La Argentinita, tamén serve de aclaración. Recentemente cumpríronse 80 años da gravación do disco Colección de Canciones Populares Españolas coa voz de La Argentinita e Federico García Lorca ao piano. En el descubrimos a pouco coñecida faceta de estudoso da música de raíz que desenvolveu durante toda a súa vida o xenial escritor granadino.

Agora, un grupo de músicos experimentados en diversos xéneros musicais recuperan ese repertorio de xoias da cultura musical española para encontrarlles acomodo nos nosos días. Novos arranxos buscan matices a temas populares españois como “En el café de chinitas”, “Las tres hojas”, “Anda jaleo”, “Los cuatro muleros” e “Las morillas de Jaén”.

Un concerto que nos acerca á afección polo popular que as dúas personalidades que o inspiran destilaron ao longo da súa vida e que ten cabida no gusto persoal dos integrantes de Caracol Andador.

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.