Ejazz

Xullo 24, 2020

nota:

O grupo vocal Ejazz retoma a actividade e dará o seu primeiro concerto post – Covid o vindeiro venres 24 de xullo en Cedeira.

Coa voz como único instrumento, EJAZZ percorreron os principais clubes de jazz, salas de concertos e festivais en Galicia dende 2012 presentando unha proposta atractiva e orixinal. Á fronte da formación atópase a recoñecida mestra e cantante Carmen Rey como arranxadora e directora musical. Completan o cuarteto Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro, cada unha cos seus proxectos en solitario e extensas carreiras musicais.

O concerto celebrarase ás 21:00 horas na Praza Roxa.

AXENDA

Facebook

4 days ago

Ábrete de orellas
De Ninghures @profile.php?id=100040080407640 e Mondra xúntanse para cantar ao verán galego coa produción de Juan de Dios MartínSeispés Producións Creativas e Tremendo Audiovisual @profile.php?id=100045701810584 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Praza Roxa, Cedeira.
De balde.