Ejazz

Novembro 30, 2018

nota:

Coa voz como único instrumento, as vocalistas galegas Ejazz chegan a Carballo As vocalistas galegas, Ejazz, chegan a Carballo o 30 de novembro ás 21h no Auditorio Pazo de Cultura, cun concerto a capella de jazz, soul, funk e bossa nova. Unha proposta musical diferente, atrevida e moi orixinal cun repertorio cheo de versións incribles, coas que viaxaremos a épocas e lugares diferentes. EJazz é o resultado de xuntar catro voces, catro personalidades e catro estilos diferentes nun espectáculo sorprendente, co que xa levan percorrido os principais clubes de jazz e salas de concertos de Galicia. O último recoñecemento á súa traxectoria chegoulle na edición dos Premios Martín Códax da Música 2017, cando Carmen Rey, directora musical e arreglista, Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro lograron facerse co galardón na categoría de grupos vocais e coros

AXENDA

21:00 h.
Auditorio do Pazo da Cultura, Carballo.
De balde.