nota:
XOVES 13 21.00 – 6€ [RGMV]
EJAZZ
Estamos ante unha proposta musical atractiva, arriscada e orixinal cun repertorio no que nos ofrecen sorpendentes versións “a capella” que nos farán viaxar a diferentes épocas e lugares. En definitiva, catro voces, catro persoalidades, catro estilos que se funden nun só, harmonizados a ritmo de jazz, de soul, de bossa nova e de funk. Gañadoras dos Premios Martín Códax da Música na categoría de grupos vocais e coros (2017).