Edu Manazas & Whiskey Tren.

Xuño 28, 2013

Edu “Manazas”: guitarra, voz; Pino Sambataro: batería; Óskar González: guitarra; Phineas: baixo.

Edu comeza a súa carreira artística aos 16 anos cunha vella guitarra española que lle regalou o seu pai. Empezou tocando na rúa. No 1996 crea a Dinamita Blues Band coa que dá concertos por toda España durante dous anos. No 2000 entra a formar parte de Ñaco Goñi y Los Bluescavidas con quen grava dous temas do CD Directo en Moby Dick, Gaztelupeko, 2000, e o seu primeiro traballo We love the life we live en rigoroso directo para o mesmo selo. Con esta formación percorre a xeografía nacional obtendo un grande éxito en festivais tales como os de Antequera (Málaga), Córdoba, Reus (Tarragona), Béjar (Salamanca), Bilbao, Irurita (Navarra), Hondarribia (Guipúzcoa), Cazorla (Jaén), etc. En outubro do 2000 únese a Whiskey Tren para recrea-los diversos ritmos do blues (shuffle, funk, latin) dentro dos máis variados estilos (south side e west side de Chicago, texano, de Louisiana, de Mississippi…) de compositores e artistas tales como Muddy Waters, Willie Dixon, Magic Sam, Buddy Guy, Albert King, B.B. King, Freddie King, etc. e ademais interpreta-las composicións propias. Crean Guindilla Producciones SL como empresa de representación e de produción discográfica. Ata a data editaron os seguintes discos: Beethoven Hot Sessions Vol. I (2001), 424 (2004), Beethoven Hot Sessions Vol. II (2009), Live! en Zarzalejo (2010), El Paso (2011) e Mô es bar (2012).

Mención especial merece a súa gran capacidade para recrea-lo vello blues acústico e rural.

23:30 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.