Ecléctica Ensemble sorprende en China. Descarga masiva en Internet para a Música Galega.

Outubro 05, 2011

O único disco de Ecléctica Ensemble produzido por Madamme Cell, Xurxo Pinheiro e Ramom Pinheiro coa voz de Ugia Pedreira, Davide Salvado e Richard Rivera está a experimentar un abraiante crecemento de descargas da súa web. Tan só no mes de setembro 45.000 persoas levan baixado o tema “Arrole” feito por Ugia Pedreira, a meirande parte de fluxo vén dado desde a China, onde están comezando a descubrir o potencial do Electronic Galician Grooves. Cunha media diaria de 2000 descargas diarias nos últimos días, este tráfico está a supor toda unha agradábel sorpresa provocando case a saturación no servidor de bandua.net por mor do tráfico excesivo. Ecléctica Ensemble autoeditou o seu único traballo discográfico baixo unha licencia Copyleft e podes descarregalo de balde na súa web.

Podes mercar o vinilo+CD por medio da loxa de folque.com

É o número de descargas mais representativo de toda a música galega destos últimos anos, e mais tendo en conta que isto é unha autoedición e autoxestión. Ecléctica Ensemble é o primeiro produto discográfico de aCentral Folque. Unha fusión natural entre a música electrónica e o folque.

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook