Entrada: 3€ (descuento consumición incluido)
Duplo Son persigue un estilo fresco e vivo, onde a potencia rítmica levada polas numerosas percusións se enfronta ás melodías nun xogo no que todo atopa o seu espacio.
A fusión é a bandeira, e a lingua galega o vehículo de expresión, sen ningún tipo de prexuizo onde os límites só se atopan na propia imaxinación de cada composición; os sons da música latina, o jazz, o funky, o mestizaxe e incluso a tradición galega forman parte do abanico sonoro que se pretenden explotar neste espectáculo.
“Este é o animal que eu vos vou a describir
Vén de preto, ven de lonxe, sabe escalar e tinguir
con cores a súa pel para que poidas escoitar
o son dos lugares onde te pode levar.
Ten catorce brazos, soa a voz de muller
ao chegar o solpor gosta de aparecer
paseiño e nun momento, sen poder pensar
ao atopar as súas pegadas xa estas a bailar
Este é o animal que eu vos vou describir
quen lle deu a voz sen fume foi a Anahí
co aire de Brandam que o pon a resoplar
e Tono con postura polo baixo o fai vibrar
Jorge o ten cuberto de acordes por rasgar
Dani ponlle acento e así o fai camiñar
Tarteiras e Charlie repercuten con fusión.
Este é o animal que se chama Duplo Son”