DuMMie
presentando o seu novo traballo
“Un jardinero en la Antártida”
Xoves 26 Marzo – Club Clavicembalo – Lugo – 23:00h 5€
Venres 27 Marzo – Café Auriense – Ourense – 22:00h 5€
Jazz, pop e moitas historias que contar, e de esta mistura cautivadora que une armonía, melodía e fábula, xurde DuMMie, unha banda formada por Alejandro Serrano e Goiko Martínez que certo día uniron os seus talentos pra lograr que se movan pes, cabezas e corazóns ao unísono.
De toda a súa experiencia acumulada, as ideas claras, o bon traballo e unha gran sintonía entre os compoñentes xurdíu a súa opera prima, “Un Jardinero en la Antártida”, un álbum nado cunha madurez inusual. Os trece temas con trece videos (para que entre en xogo máis de un sentido) que gravaron tras catro trepidantes días de aislamento nun recóndito lugar das Rías Baixas así o acreditan.
As súas cancións urbanas falan dos problemas cotiás, de medos, derrotas e victorias, da xente de barrio que “quere reírse ainda que non chegue a fin de mes”, de mañáns tardías con “olor a café” ou de “viaxes a ningunha parte”. Fano en castelán, un idioma “imprescindibel e obrigatorio” pra poder conectar e identificarse co seu público. E o logran. Non defraudan aos máis puristas do jazz, nin decepcionan ao fieis seguidores dos ritmos pop. A pesar de que artistas tan dispares como Jorge Drexler, John Mayer, Antonio Vega ou Roy Hargrove influiron no seu repertorio, DuMMie, ou o que é mesmo, Alejandro Serrano (voz e trompeta), Goiko Martínez (bateria), xunto con Óscar Fernández (contrabaixo), David Schutlhess (piano e rodhes) e David Carrasco (saxo e hammond), consegue plasmar un estilo propio, un selo particular e personal “sen etiquetas”