nota:
s a Casa das Crechas acolle un concerto do músico e poeta extremeño José Manuel Díez, que vén presentar ‘La Semilla’, primeiro disco do seu novo proxecto en solitario, DUENDE JOSELE.
Despois de 12 anos e 700 concertos como vocalista e principal autor do grupo El Desván del Duende, e logo de dous anos de intenso traballo musical e literario, José Manuel Díez regresa con ‘La semilla’, novo disco en dúas versións: Cd e Discolibro. Un traballo persoal e heteroxéneo, ao que deu forma entre Madrid e Lanzarote, con produción de Markos Bayón e a colaboración de músicos da talla de José Mercé, Luís Eduardo Aute ou Amparo Velasco, La Negra, entre outros.
‘La semilla’ é o comezo, a renovación e a esperanza. Un disco-libro de música e poesía onde a palabra é mensaxe e suxestión, celebración e denuncia, voz persoal e común. Unha obra plena de emoción e conciencia.
O proxecto fórmano 15 tracks (12 cancións + 3 poemas con música) escritos e interpretados por José Manuel Díez, coproducidos e arranxados por Markos Bayón (produtor e director musical con Bebe, Luís Pastor, Cathy Claret, El Combolinga e Perroflauta, entre outros) e a fusión de sons fronteirizos como liña protagonista (rumba, reggae, samba, milonga, cumbia, hip-hop). Un repaso por diversas estéticas musicais, onde a poesía é a base literaria.
Vídeos:
Máis información:
Entradas anticipadas: