Dr Maha’s Miracle Tonic

Novembro 10, 2019

nota:
A ritmo de swing, de western swing e de rhythm ‘n’ blues, o Dr. Maha mergúllanos na música dos anos 40 para render homenaxe aos Medicine Shows e ao vodevil de principios do século pasado.

Sen chegar a constituír un concerto purista de xénero, ofrécennos un show hilarante, baseado nos antigos vendedores de elixires infalibles, con arranxos instrumentais e vocais moi coidados, temas altamente bailables e grandes doses de cachondeo ao máis puro estilo novelty.

Entradas anticipadas á venda no local e mais en giglon.com.

Facebook

20:30 h.
Bar Aturuxo, Bueu.