DouS (sesión vermú)

Outubro 04, 2020

nota:

Decidimos reiniciar a actividade da nosa Asociación Cultural, despois de proceder a unha limpeza a fondo do noso local, retirar mesas e colocar sillas coas debidas distancias de seguridade. Durante os eventos as ventanas permanecerán abertas para facilitr a ventilación.

Celebraremos a primeira xuntanza post-covid de socios o próximo domingo día 4 as 13 horas, na que aproveitaremos para escoitar aos nosos compañeiros Fernando Abreu -clarinete e voz- e Pablo Carrera -guitarra-, quen conforman DOUS

O aforo máximo permitido son 22 persoas e a colaboración son 15 € o que inclúe o concerto, unha tapa de callos (alternativa garbanzos vexetarianos) e unha bebida. Prégase que todos traiades o diñeiro preparado sen precisar cambio. Si confirmas asistencia envíanos nome e DNI para confeccionar a acta de reunión de soci@s

Nesta nova andaina realizaremos obradoiros para 10-12 persoas así que se estades interesados en propoñer algún en concreto, escoitaremos con gusto as vosas propostas.

Non sabemos se seremos capaces de afrontar os gastos anuais do local, así que vos recordamos que podedes utilizar as instalacións para celebrar encontros ou xantares, a cambio de colaborar monetariamente coa Asociación (recordamosvos que non temos cotas periódicas e que nos financiamos con cada un dos actos que programamos).

Sen máis, un saúdo,

AXENDA

13:00 h.
El Estudio, Vigo.
15 €