doctor divago “madre de todas las demencias”

Novembro 23, 2011

A veterana banda valenciana é desas que constrúen boas pezas de pop-rock clásico e que coida moi ben os detalles, desde o texto das cancións a cargo de Manolo Bertrán aos debuxos nas portadas do harmonicista da banda “Chumi”, pasando pola máis ca notable construción e execución das súas composicións e versións. Este EP que regalaron aos asistentes a un concerto na súa terra é boa mostra disto. Dispoñible agora na súa web, recupera “Los amantes fakires”, unha peza do seu recomendable último álbum “La belleza muda de los secretos del mar”, presenta dúas pezas inéditas das mesmas sesións de gravación (“La vida de nadie” e “Madre de todas las demencias”) e reivindica cunha versión unha banda infravalorada dos anos 60 como Los Pasos: “Tiempos felices”. Por se fose pouco, engaden unha pista de video co videoclip de “Silencio”, outra das moitas boas cancións do longa duración que aquí comentamos o ano pasado. Un pouco dos Divago dá para moito.
Pepe Cunha 23-nov-2011
versión de Los Pasos: http://www.goear.com/listen/ea1cd7a/tiempos-felices-doctor-divago

AXENDA

Facebook